
Xa temos nas nosas máns os impresos que hai que entregar na Federación Galega de Ciclismo para a solicitude de ficha para o vindeiro ano 2010.
En breve convocaráse unha reunión con toda a xente do equipo para pechar o capítulo de renovacións e cos interesados en fichar para a vindeira tempada.
A xente que xa estivo federada coa Asociación Deportiva A FORNA_budiñobike-canteiros o ano pasado so ten que confirmar que os datos que a federación ten están actualizados e a renovación da ficha será inmediata.
Pola contra as novas fichaxes terán que traer unha copia do seu Documento de Identidade e cubrir o impreso de solicitude de ficha. Ademais terá que entregar cuberto, con posterioridade, a ficha médica que se lle entregará, requerida pola Federación.
As condicións de fichaxe para este ano expliacaránse na propia reunión, pero non diferirán demasiado das do ano pasado.
Como recordatorio deixámolas aqui para que todos as poidades consultar:
1_ Facer efectivo o pago da cuota anual de Socio da Asociación Deportiva A FORNA: 20,00 €
2_ Facer efectivo o pago da parte proporcional da ficha correspondente o ciclista (2/3): 40,00 € para cicloturistas.
3_ Facerse a lo menos con unha equipación oficial do budiñobike-canteiros:30,00 € a equipación de verán (culote e maiot curto) e/ou 50,00 € a equipación de inverno (culote longo e chaquetiña)
(recordade que este ano se está a traballar no maiot longo)
4_ Saír o maior número de veces posible os Domingos pola mañá co resto do grupo.
5_ Colaboración en todo o relacionado coa BTT FARO DE BUDIÑO (apertura e marcaxe do circuíto e traballos a realizar no propio dia da marcha)
Sen mais, e animándovos a participar e facer mais grande o grupo de compañeiros que formamos o BUDIÑOBIKE-CANTEIROS, saúdavos atentamente,
O Presidente, Carlos Amil.